#‎XustizaParaHaidala‬

hassanaContinuamos participando dos actos de apoio que en toda Galiza se están a realizar en solidariedade con Takbar Haddi, activista saharaui en folga de fame ante o asasinato a mans marroquís do seu fillo. Sumámonos á esixencia para que Marrocos lle devolva o corpo do seu fillo, que se esclareza o seu asasinato e se executen responsabilidades políticas.

Neste xexún rotatorio de 24h, que hoxe chegou a Compostela, o Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, e a responsábel de Internacional da nosa organización, Olalla Rodil, estiveron con Hasana Aalia, mozo saharaui condenado a cadena perpétua por Marrocos e a quen España denega o asilo político.

Sahara hurra! Polisario vencerá!