Galiza Nova chamamos ao conxunto da mocidade galega a participar das mobilizacións convocadas para o 21 de febreiro pola Plataforma Galiza Con Catalunya en repulsa e rexeitamento dos ataques ás liberdades e aos dereitos democráticos no xuizo contra as presas independentistas catalás, as cales seguían unha vontade popular clara de camiñar cara a independencia nacional de Catalunya. Un xuizo político que non debe ter cabida nunha sociedade democrática.
Isto deixa claro que o sistema persegue sen descanso o único movemento que puxo en perigo o statu quo do estado español nas últimas décadas, o proceso catalán cara a súa independencia, e por extensión, todos os movementos de liberación nacional.
Dende Galiza Nova chamamos a participar das mobilizacións na Galiza e apoiamos as realizadas en Catalunya, pois só acadando a liberdade dos nosos respectivos pobos poderemos rachar co réxime postfranquista español.