12 de outubro: Ven voar a cometa coa túa bandeira!

cometa (1)Este domingo, “Día de la Hispanidad”, mentres os avións militares sairán das súas bases e debuxen a bandeira do Reino de España no aire, en Lugo, no ceo teremos a bandeira da nosa Patria. Galiza Nova organiza un acto que consistirá en lanzar cometas formadas coa nosa bandeira nacional, en resposta á sobredose de apoloxía imperialista deste 12 de outubro.

Todas aquelas persoas que queiran participar poderanse achegar a partir das 12h deste domingo de San Froilán ao Campo da Feira (praza da Constitución), onde ademais teremos un posto con material informativo.