13 abril: Folga estudantil!

erguerDesde Galiza Nova chamamos a mocidade galega a secundar a folga no ensino do 13 de abril convocada pola organización unitaria do estudantado galego ERGUER, ESTUDANTES DA GALIZA para defender o ensino público galego. Moitos dos ataques que padece o estudantado galego veñen da aplicación da LOMCE, a reforma educativa do PP que supón o regreso ao modelo educativo do franquismo. Ademais, o Decreto 3+2 do PP para universidade reduce a duración dos graos para aumentar a dos mestrados, cuxos prezos de matrícula son moito máis caros, facendo que moi poucas persoas podan acceder á universidade. Estas medidas, xunto aos recortes, liquidan o ensino público como dereito de tod@s a unha formación de calidade.

Por iso esta mañá tamén esiximos desde a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, da que Galiza Nova forma parte, ás forzas políticas con representación no congreso que cumpran os seus compromisos electorais de derrogar a Lomce, pois suman maioría fronte ao PP ou… só era propaganda e dálles igual Galiza e o noso ensino?

Estas son as manifestacións convocadas por Erguer para o 13 de abril, fica atenta ás redes sociais de Erguer para coñecer as novas concentracións que se vaian anunciando!

A CORUÑA – ás 12:00 na Praza de Vigo
COMPOSTELA – ás 12:00 na Alameda
LUGO – ás 12:00 na Praza do Seminario
PONTEVEDRA – ás 12:00 na Praza da Peregrina
VIGO – ás 12:00 na Praza dos Cabalos