Acode este xoves á concentración convocada por Queremos Galego contra o intento de sancións por parte do Goberno español pola rotulación dos sinais en galego.
Desde Galiza Nova chamamos á participación da mocidade na concentración deste xoves contra o intento de sancións por parte da Garda Civil polos sinais das autoestradas incluíren o galego. No que levamos de ano estas multas alcanzarían a cifra de 162.000 por rotular no noso idioma, a pesar de que a normativa legal estabelece que a sinalización pública inclúa o galego.
Aínda que neste caso as multas non serán tramitadas, estamos a padecer unha constante regresión nos nosos dereitos lingüísticos. De feito, hai máis de 30 anos que se estabeleceu legalmente que o galego ten que estar presente na rotulación de estradas e autoestradas.
Contra os ataques ao galego, mobilízate este xoves 23 de maio ás 19 horas na praza do Toral, Santiago.
Na Galiza, en galego! É o noso dereito! Deféndeo