Galiza Nova estivo hoxe presente na concentración contra o fascismo en Monforte
Marta Gómez, Secretaria Xeral de Galiza Nova: «Somos o freo do fascismo nas institucións e serémolo tamén nas rúas»
Martes 23 de setembro, Monforte de Lemos – A organización xuvenil do BNG estivo hoxe presente na concentración que as veciñas e veciños de Monforte convocaron en resposta á visita de Vox na vila, tras o ataque fascista ao edificio que ía acoller menores migrantes esta semana.
Tras o ataque con cócteles Molotov a madrugada do pasado sábado, a organización VOX convocou hoxe os medios de comunicación en Monforte para seguir difundindo os seus discursos de odio, acto que tivo a resposta da veciñanza do concello que saiu ás rúas igual que xa fixo este domingo.
Nesta concentración estivo presente Galiza Nova, tal e como declarou a súa Secretaria Xeral: «A mocidade galega estamos hoxe aquí, igual que estivemos o domingo, porque non podemos permitir que avance o fascismo sen resposta no noso país» e engadiu «non teñen representación institucional e non imos permitir que teñan tampouco representación nas rúas».
Galiza Nova chama toda a mocidade a mobilizarse contra a onda reaccionaria que a ultradereita fai avanzar a nivel mundial e que ten como consecuencia actos fascistas e de odio como os que tiveron lugar este fin de semana
