16 de xuño Marcha Contra Celulosas. Nós tamén imos á marcha

O peche de ENCE é a única opción de supervivencia para a Ría de Pontevedra, pero tamén para os montes galegos, fondamente afectados na perda da súa biodiversidade pola creación de monocultivos de eucalipto, que ademais favorecen a proliferación de incendios forestais.

Para respostar a isto, este domingo 16 de xuño ás 12:00h temos unha nova oportunidade de saírmos á rúa na marcha contra ENCE organizada pola Asociación Pola Defensa da Ría, na que de novo debemos ateigar as rúas de Pontevedra e Marín.

O futuro que nos agarda se ENCE permanece por outros 60 anos na Ría de Pontevedra é un futuro sen saúde, sen emprego respectuoso co medio ambiente e que xestione os seus recursos de xeito razoábel, sen posibilidade de desenvolvemento para os nosos sectores produtivos, sen a recuperación da Praia de Lourizán, sen salubridade na Ría, sen biodiversidade e sen seguridade ante os incendios nos nosos montes. O futuro que nos agarda é un futuro queimado por ENCE, e desde Galiza Nova non estamos dispostas a resignarnos a que sexa así. Este sábado a voz da mocidade galega ateigará as rúas de Pontevedra xunto coa de todas aquelas persoas que crean no futuro da Galiza e da Ría de Pontevedra.

Con esta nova marcha contra celulosas, esiximos a anulación definitiva da prórroga de ENCE e que lle obligue a abandonar Lourizán e devolver a zona ocupada á situación que tiña cando chegaron no 1958, como esixe a lexislación!

ENCE fóra da Ría xa!