17 de agosto: actos do Día da Galiza Mártir en Pontevedra

Cartaz-GZ-Mártir“Moitas veces os mártires crean mundos que os heroes nin tan sequera son capaces de concibir. E na Miña Terra cumprirase a vontade dos mártires”

O vindeiro 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, Galiza Nova chama a participar dos actos que terán lugar en Poio e Pontevedra para lembrar a Alexandre Bóveda no día en que foi fusilado polos fascistas, e para homenaxear a todas as mártires e todos os mártires da Galiza, aquelas persoas que sufriron a mans do españolismo e do fascismo, aquelas que padeceron o martirio e a represalia, a cadea, o exilio interior ou exterior, o asasinato…

programación dos actos:

11.30hs Acto político diante do Museo de Pontevedra.

13hs Acto na Caeira, Poio (lugar do fusilamento de Bóveda).

14,30 Xantar de Galiza Nova*

18hs Visita guiada con Galiza Nova á exposición Castelao no Museo de Pontevedra.

20.30hs Acto do BNG na Praza de Curros Enríquez, Pontevedra.

*Xantar de Galiza Nova

Galiza Nova organiza un xantar de convivio aberto a toda a mocidade que queira participar. Só tes que enviar un correo cos teus datos a pontevedra@galizanova.gal

Prezo: 10 euros.

Lugar: Taberna Saudade (Rúa Princesa 8, ao carón da Praza do Teucro de Pontevedra).

Menú

1. Tortilla de patacas, ensalada, nachos con guacamole e salsas diversas.

2. Costela de porco.

3. Postre, café e licores.

* Hai menú vegano. Coa confirmación de asistencia ao email débese sinalar se se quixer menú vegano e ou se teñan alerxias alimenticias.
Na nosa Terra cumprirase a vontad d@s mártires!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *