17 DE AGOSTO, DÍA DA GALIZA MÁRTIR

“Todos os que amamos Galiza levaremos sempre no noso labre como un caravel inmorredoiro o nome de Alexandre Bóveda. Esa é a súa vitoria, ese é o noso compromiso” Avilés de Taramancos

O vindeiro 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, xuntámonos en Poio e Pontevedra para lembrar a Alexandre Bóveda no día en que foi fusilado polos fascistas. Homenaxeamos a todas as mulleres e homes que loitaron pola xustiza e pola liberdade, que sufriron a mans do franquismo a represión, o cárcere, o exilio, a tortura, o asasinato…

PROGRAMACIÓN DOS ACTOS:

  • 13h. Acto institucional na Caeira, Poio (lugar do fusilamento de Alexandre Bóveda)
  • 14.30h. Xantar de Galiza Nova
  • 17.30h. Roteiro Xoán Manuel Pintos (dende a R/ Xoán Manuel Pintos, Pontevedra)
  • 20.30h. Acto político do BNG na praza de Curros Enríquez (Pontevedra) coa participación de Demetrio Gómez (Responsábel Comarcal do BNG) e Ana Pontón (Portavoz Nacional do BNG)

XANTAR DE GALIZA NOVA

Galiza Nova organiza un xantar de convivio aberto a toda a mocidade que queira participar. Só tes que enviar un correo cos teus datos a pontevedra@galizanova.gal

Prezo: 14€ (12€ estudantes e desempregadas)

Lugar: Taberna Saudade (Rúa Princesa 8, ao carón da Praza do Teucro de Pontevedra).

Menú: empanada, tortilla, filloas recheas, pastel de millo recheo de carne e recheo de cochayuyo, postre e bebida (Os pratos elabóranse con leite sen lactosa e teñen opción vegana. As intolerancias ou alerxias deben indicarse no correo).