17 DE AGOSTO, DÍA DA GZ MÁRTIR: Programa de actos.

Bóveda final“Moitas veces os mártires crean mundos que os heroes nin tan sequera son capaces de concibir. E na Miña Terra cumprirase a vontade dos mártires”

O vindeiro 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, Galiza Nova chama a participar dos actos que terán lugar en Poio e Pontevedra para lembrar a Alexandre Bóveda e a todas as mártires e todos os mártires da Galiza, aquelas persoas que sufriron a mans do españolismo e do fascismo, aquelas que padeceron o martirio e a represalia, a cadea, o exilio interior ou exterior, o asasinato…

Aqui tes a programación dos actos:

-HOMENAXE INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE POIO

Ás 13h. diante do Monumento a Alexandre Bóveda na Caeira, onde Bóveda foi fusilado.

-XANTAR DE GALIZA NOVA

14.30h, Barissimo (10€: empanada, calamares, tortilla, churrasco, postre e bebida)
Anótate en pontevedra@galizanova.gal

 

-ACTO POLÍTICO DO BNG. 20:30h, Praza de Curros Enríquez

Intervencións de Sabela Bará (Responsábel Comarcal de Organización e membro da Comisión Permanente de Galiza Nova) e César Mosqueira (Coordenador do Grupo Municipal do BNG en Pontevedra e Vice-Presidente da Deputación).
Vémonos o vindeiro luns en Pontevedra!
Na nosa Terra cumprirase a vontad d@s mártires e recuperando a memoria, conquistaremos a liberdade!