17 de agosto, Día da GZ Mártir. Participa do xantar xuvenil e dos actos de homenaxe

bov“Moitas veces os mártires crean mundos que os heroes nin tan sequera son capaces de concibir. E na Miña Terra cumprirase a vontade dos mártires”

O vindeiro 17 de agosto, Día da Galiza Mártir, Galiza Nova chama a participar dos actos que terán lugar en Poio e Pontevedra para lembrar a Alexandre Bóveda e a todas as mártires e todos os mártires da Galiza, aquelas persoas que sufriron a mans do españolismo e do fascismo, aquelas que padeceron o martirio e a represalia, a cadea, o exilio interior ou exterior, o asasinato…

Aqui tes a programación dos actos:

-HOMENAXE INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE POIO
Ás 13h. diante do Monumento a Alexandre Bóveda na Caeira.
Intervencións de membros da familia, Fundación Castelao, Fundación Bóveda e do alcalde de Poio, Luciano Sobral.

-XI XANTAR DE GALIZA NOVA PONTEVEDRA POLO DÍA DA GALIZA MÁRTIR
Ás 14.30h no Restaurante Santa Clara (R/Santa Clara, 33, 36002 Pontevedra). Prezo: 12 euros.
Menú:
Ensalada tibia de polo con touciño e salsa suave de queixo
Crêpe rechea
Risotto de lacón con grelos
Bebida, postre, café, chupito.
*Prégase confirmación o antes posíbel (gnpontevedra@hotmail.com)
*Pódese adaptar o menú en caso de alerxias.

-ACTO POLÍTICO EN PONTEVEDRA

Ás 20h diante do Monumento a Alexandre Bóveda na Praza de Curros Enríquez.
Intervencións de Eva Villaverde, concelleira en Moraña e membro da Executiva Nacional do BNG, E Luís Bará, concelleiro en Pontevedra e instrutor do expediente que nomeou Fillo Adoptivo e lle outorgou a medalla de ouro da cidade a título póstumo a Alexandre Bóveda.

Ese mesmo día, dentro do programa das Festas da Peregrina do Concello de Pontevedra, haberá un concerto de Ses. Ás 21h, na Praza da Ferrería.