17 de maio: participa na manifestación nacional de Queremos Galego!

Acode á manifestación nacional en defensa da nosa lingua, convocada para o 17 de maio ás 12h desde a Alameda de Santiago de Compostela, pola Plataforma Queremos Galego. Este Día das Letras temos unha nova oportunidade para amosar o rexeitamento da mocidade galega aos ataques á nosa lingua.

Participa con Galiza Nova na mobilización nacional contra as políticas lingüicidas da Xunta de Galiza dirixidas a perseguir e excluír o galego das aulas; medidas respaldadas e intensificas polo goberno de Mariano Rajoy que por medio da nova reforma educativa (a LOMCE) dará prioridade ao ensino en español, marxinando máis á lingua galega, e mesmo outorgando maior importancia á materia da relixión católica ca a nosa lingua e literatura. Ademais esta reforma favorecerá recorrer a prazas en centros privados (que deberán ser pagadas con cartos públicos) para evitar a escolarización do alumnado na nosa lingua.

Nas aulas da Galiza, Queremos Galego!

Mobilízate en denfesa da lingua, fronte aos ataques ao galego, porque non queremos ser estranxeiras na propia Patria!
Consulta na web de Queremos Galego os sitios e lugares dos autobuses e reserva a túa praza!