20D – como votar por correo?

nos_cgO 20 de decembro temos que elixir quen nos representará no Congreso e no Senado. A mocidade galega precisamos que Galiza teña máis forza alí onde se deciden tantas políticas que nos afectan a diario. Por iso, desde Galiza Nova e o BNG animámoste a apoiar e facer campaña por Nós Candidatura Galega, a forza do pobo e a mocidade de Galiza!

Se pensas que o 20 de decembro non vas estar na localidade na que che corresponde votar, non te preocupes porque podes continuar a loitar por Galiza votando por correo.

 

1. Se resides na Galiza ou no estado español:

  • Até o 10 de decembro: vai a calquera oficina de correos co teu Documento de Identidade e cubre o modelo para solicitar o certificado de inscrición no censo electoral. Remitiranche ao enderezo que solicitaches (ou podes recollela na Oficina de Correos correspondente) a documentación para poder votar (certificado de inscrición, papeletas e sobres electorais para Congreso e Senado, sobre para o envío, enderezo da mesa onde che corresponde votar e folla explicativa de todo o proceso). Con esta documentación elixe a papeleta de voto ao Congreso e cubre a papeleta do Senado. Introduce cada papeleta no seu correspondente sobre de votación. Logo méteas no outro sobre máis grande xunto a inscrición no censo eo enderezo da mesa electoral.
  • Até 16 de decembro: prazo para enviar por correo certificado e urxente.

2. Desde fóra do estado español:

  •  Até o 21 de novembro:

Se sabes que xa estás inscrito no censo como “non residente”, podes solicitar o “voto rogado” por teléfono, fax ou correo ata o 21-N e continuar os pasos do punto seguinte. Se non estás inscrito, continúa lendo:
– Acode persoalmente á embaixada ou consulado que che corresponda. Podes aproveitar a viaxe para facer todo. Lembra levar fotocopia do carné de identidade.
– No Consulado, inscríbete como “non residente” no Rexistro de Matrícula Consular.
– Cobre o impreso de solicitude de voto. Este impreso podes descargalo da páxina web http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/ServiciosAlCiudadano/SiEstasEnElExtranjero/Documents/impresos%20solicitud%20vxc%20CERA.ECG2015.DESCARGA_gal.pdf a partir da data da convocatoria do proceso electoral se queres levalo xa cuberto, ou ben recollelo nas dependencias da Oficina Consular máis próxima.

  •  Entre o 24 e o 30 de novembro: recibirás a documentación electoral necesaria para votar na dirección postal que indicaches no impreso.
  • Até o 15 de decembro:

Envía por correo certificado á Mesa electoral o sobre correspondente co impreso cuberto e a documentación solicitada nas instrucións que che remitiron.
Para que o teu voto sexa válido, ten que constar claramente no sobre dirixido á Mesa electoral o mataselos ou inscripción oficial dunha oficina de correos do Estado no que esteas, de xeito que acredite que se remitiu todo dentro do prazo previsto.

*Todo o proceso é de balde.
** Unha vez que solicitas o voto por correo (aínda que despois desistas) impide o voto presencial na mesa electoral o día das eleccións.

FONTES ONDE ATOPAR MÁIS INFORMACIÓN:
http://generales2015.interior.es/es/files/pdf/parciales/HAVC_BIS.pdf
http://www.exteriores.gob.es/Portal/gl/ServiciosAlCiudadano/SiEstasEnElExtranjero/Paginas/ParticipaEnLasElecciones.aspx
http://www.exteriores.gob.es/Portal/es/ServiciosAlCiudadano/SiEstasEnElExtranjero/Documents/2015_ELECCIONES%20DICIEMBRE.pdf