Galiza Nova fai un chamamento a toda a mocidade galega a colaborar na difusión da folga deste 24 de marzo convocada polo profesorado e estudantado galego.
Este 24 voltaremos ás rúas da Galiza para loitar contra os ataques do PP ao ensino público galego. Os poderes españois pretenden impor o decreto 3+2 para continuar deteriorando a educación e limitando o seu acceso a unha minoría privilexiada.
O seu último ataque, o 3+2, permitirá que as universidades poidan reducir un ano a duración dos graos e engadir outro ano aos mestrados, cuxos prezos de matrícula son moito máis caros.
Eis o modelo educativo do PP, educación para as altas esferas, perpetuando os seus privilexios mentres continúan oprimindo á clase traballadora galega e ao estudantado.