24 de xullo: A mocidade mantendo viva a Galiza, Independencia!

Brc3YELIIAAYPhxGaliza Nova, xunto a outras sete organizacións xuvenís e estudantís soberanistas, vén de facer pública a segunda manifestación xuvenil unitaria que percorrerá Compostela o 24 de xullo, véspera do Día da Patria, baixo o lema ‘A mocidade mantendo viva a Galiza, Independencia!’.

Desde a nosa organización chamamos ás mozas e mozos a mobilizarse pola Soberanía da Galiza e participar desta manifestación unitaria, que partirá ás 20 horas desde a Alameda.

Na mañá de hoxe, Galiza Nova, xunto ás outras sete organizacións xuvenís e estudantís convocantes (Agir, AMI, Briga, Comités, Isca!, Liga Estudantil Galega e Xeira), participou da presentación da convocatoria da manifestación do 24 de xullo e do manifesto conxunto, no que se denunciamos as problemáticas e ataques que sofre a mocidade galega, nomeadamente o desemprego e o éxodo xuvenil, ao tempo que chamamos á autoorganización da mocidade galega e á loita, para avanzarmos no proceso de autodeterminación cara á República da Galiza, rachando co sistema capitalista e patriarcal e construíndo un futuro de dignidade e de liberdade na nosa Terra.

Avante a mocidade galega!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *