40 estudantes de primeiro de bacharelato quedan sen praza en Ponteareas!

Galiza Nova esixe á Consellería de Educación que habilite as aulas necesarias para a demanda de alumnado!

Galiza Nova de Ponteareas, a través do seu Responsable Local, Miguel Bouzó, denunciou que corenta estudantes non contan con praza para cursar primeiro de bacharelato o vindeiro curso 2014-2015,

Nos institutos “Val do Tea” e “Pedra de Auga”, a Consellería ofertou 48 prazas para cursar primeiro de bacharelato, no vindeiro curso 2014-2015, pero xa solicitaron praza un total de 88 alumnos e alumnas, figurando 40 como “non admitidos”. Os nacionalistas acusan ao goberno da Xunta do Partido Popular de manter pechadas dúas aulas no novo instituto, IES Ponteareas, coa clara intención de favorecer o ensino privado.

As mocidades do BNG acusan ao PP ter pechadas dúas aulas no novo instituto, IES Ponteareas

As mocidades nacionalistas esixen á Consellería de Educación que dea resposta a esta demanda dos estudantes, “que se habiliten dúas novas aulas nos institutos de Ponteareas, o que permitirá cubrir as necesidades do alumando para realizar os seus estudos no noso Concello”, afirmou o responsábel da organización xuvenil do BNG.

Galiza Nova acusou ao Partido Popular de provocar o deterioro do ensino público cunha oferta limitada polos recortes aplicados. “Non imos permitir que ningún estudante quede sen praza, nin que se intente obrigar ao alumnado a matricularse noutros centros fóra de Ponteareas”, manifestou Bouzó.