No marco da campaña Rebélate, organízate e loita por unha Galiza ceibe presentamos as 50 medidas para liberar a mocidade galega.  Comprobamos ao longo dos anos que o estado español é irreformábel. A podremia das súas institucións, que nos negan como nación e como pobo e que están ao servizo do gran capital, fai que as nosas condicións de vida como mozas e mozos que vivimos na Galiza sexan totalmente inxustas.

Para rematar con esta vergoña é necesario que academos a nosa soberanía cunha república independente, para podermos desenvolver as nosas capacidades plenamente. Esta é a república galega que queremos construír, a república do emprego digno para a mocidade, a das mulleres libres, a do ensino público de calidade, a da liberdade para as persoas LGTBI; en definitiva unha Galiza ceibe e popular.

Podes lelas nesta imaxe ou descargar a voandeira premendo aquí

One Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *