Sábado 31 magosto en Bueu

magosto BUEUA sala Aturuxo de Bueu acollerá este sábado a partir das seis e media da tarde o magosto nacional popular organizado por Galiza Nova; e que contará coas actuacións de Poetarras e Wach Mckánijan and his Roving Guys.

Animamos a toda a mocidade da comarca do Morrazo a participar nunha festa na que haberá xogos populares, castañas, foliada e concertos de balde. Para abrir a rolda de concertos actuará Wach Mckánijan and his Roving Guys, grupo de Moaña cun estilo country que fará moverse sen parar a tod@s @s participantes. Posteriormente será a quenda de Poetaras, grupo que se está convertendo nun fenómeno nas redes sociais grazas á retranca das súas letras e os seus sketches cómicos. Nesta ocasión, a agrupación formada por Manuel Gago, Rubén Liño e Daniel Villaverde estará a presentar as súas novas cancións. Ademais, Galiza Nova anima ao público a achegarse ao Aturuxo cos seus instrumentos para participar na foliada.

Doutra banda, tamén intervirá no magosto Pablo Ríos, responsábel comarcal de Galiza Nova que presentará a campaña de emprego “Racha coa dependencia.Traballo e liberarde para a mocidade galega”. Con esta campaña as mocidades do BNG estamos a traballar para denunciar a precariedade laboral animando á xuventude a organizarse e loitar polos seus dereitos e os do conxunto do pobo traballador galego.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *