Fronte a prórroga de 60 anos que o estado Español vén de outogar a Celulosas en Pontevedra, Galiza Nova chama a toda a mocidade galega a saír á rúa este venres 29 ás 20,30hs na manifestación convocada en Pontevedra, e que partirá da Praza da Ferraría.
Unha medida política que mata definitivamente a Ría de Pontevedra e que supón un suculento negocio para o estado español, o PP e para os seus cargos públicos recolocados no Consello de Administración de ENCE.
Por saúde, polo emprego en Pontevedra e por ecoloxía, a mocidade nacionalista enfrontarase de novo ao estado español, e a nosa voz escoitarase nas rúas, xunto á de todas as galegas e galegos que cremos nas oportunidades sustentábeis para a nosa Ría.
Adiante! A Ría é nosa e non da celulosa!