Otegi, ongi etorri

otegiDesde Galiza Nova saudamos a posta en liberdade de Arnaldo Otegi despois de 6 anos nas cadeas españolas. A súa saída de prisión constitúe un acto de xustiza para quen nunca tivo que estar en prisión. Neste senso, sumámonos aos milleiros de voces en todo o mundo que claman hoxe polo regreso á casa do compañeiro abertzale, histórico defensor da paz, do dereito a decidir de Euskal Herria e dos dereitos das clases traballadoras. Porén, tamén temos que lembrar que a condea imposta a Arnaldo Otegi aséntase nun marco xurídico de excepción que o Estado español usa con carácter político contra aquelas persoas que loitan pola liberdade dos pobos e mantén aínda na cadea, inxustamente, a outras moitas persoas. #FreeThemAll