Coloquio con Hassanna Aalia

Hassana web 2016Este xoves conversaremos nun acto aberto co mozo activista e refuxiado saharaui, Hassana Aalia. Será este xoves 17 de marzo, ás 20.30hs na Facudade de Filosofía en Compostela, nun coloquio con Alberte Mera, Secretario Xeral de Galiza Nova.

En outubro de 2010, Hassana tomou parte no campamento Gdeim Izik, denominado o campamento da dignidade, unha acción de protesta en defensa dos dereitos humanos do pobo saharauí e contra a ocupación marroquí. Após ser atacado e desmantelado o campamento, Hassanna foi xulgado e condenado por rebeldía a cadea perpetua xunto con outr@s 24 compañeir@s. Actualmente reside en Euskal Herria, mais o estado  estado español pretendeu e pretende denegarlle a petición de asilo político.

Sáhara hurra, viva Galiza ceibe!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *