Olla este caderno sobre Manuel María

Neste mes de maio de 2016, Manuel María será homenaxeado de múltiples formas, pois foi a persoa escollida para conmemorar o día das letras galegas 2016.

Dende Galiza Nova non quixemos ser menos e por iso programamos múltiples actividades por todo o País dirixidas a honrar a memoria dun dos nosos militantes de honra. E a publicación deste Caderno Manuel María quere ser unha pedra máis na criación dunha conciencia colectiva a prol do noso idioma e de homenaxe. Grazas por tanto.

“O POVO que deixa perder a súa palabra
creada, herdada, usada, revelada,
aquela que lle é propia e singular,
a que é unicamente súa,
está empobrecendo ó mundo
e perpetrando o seu propio xenocidio”.