Galiza Nova abre o mes do orgullo cun novo evento de reivindicación das liberdades sexuais. Será o sábado 4 en Pontevedra. Contaremos co espectáculo poético musical de Aldaolado, entrega de premios do I Certame de relato curto Construíndo Orgullo, e realizaremos un encontro de mocidade con Ana Pontón e a candidatura de BNG-NÓS.
Este sábado en Pontevedra, logo de acudir á mobilización contra celulosas, convidámoste a participar no encontro de mocidade e festa e concerto ás 22 horas no Pequeno Karma (rúa Charino, Pontevedra).
22h Encontro de Mocidade:
Propostas, ideas e debates terán lugar por parte da mocidade no encontro con Ana Pontón, Portavoz Nacional do BNG, Luis Bará, candidato nº1 ao Congreso e Alba Cuba, compañeira de Galiza Nova e candidata nº1 ao Senado.
22.30h Festa concerto con ALDAOLADO
Á actuación poético musical das grandes Lucía Aldao e María Lado, Aldaolado, proseguirá a entrega de premios ás persoas gañadoras do I Certame de relato curto Construíndo Orgullo, que convocou a comezos de ano a Comisión de Liberdades Sexuais e Diversidade de Xénero de Galiza Nova, e recolleu unha grande participación.
Non perdas este gran evento de reivindicación, ideas, arte e festa en defensa das liberdades sexuais e de visibilización da mocidade LGTBI.