Galiza solidaria coas vítimas en Orlando, Galiza en loita contra a LGTBIfobia, ergamos unha Galiza libre e un mundo diverso e solidario que desterre o odio, a violencia e a dominación para sempre #StopLGTBifobia
Participamos este luns das concentracións de solidariedade coas vítimas do tiroteo en Orlando na discoteca Pulse, onde estaba tendo lugar unha festa LGTBI. Xa abonda de LGTBIfobia, queremos camiñar libres e vivir sen medo!