Como cada véspera do Día da Patria, Galiza Nova reivindicará no 24 de Xullo no Parque de Bonaval a dúas das figuras máis importantes da nosa nación, Rosalía de Castro e Daniel Castelao, dous símbolos e exemplos para todas as mozas e mozos que día a día loitamos polos dereitos colectivos que como nación nos pertencen.
Será ás 17.30hs e contaremos nesta edición da homenaxe da mocidade a Rosalía e Castelao cun concerto do inmenso grupo de rock galego NAO, ademais das intervencións políticas a cargo do Secretario Xeral de Galiza Nova, ALBERTE MERA, da Portavoz Nacional do Bloque Nacionalista Galego, ANA PONTÓN, e de LUCÍA VECIÑO Responsábel Nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova.
Vémonos o 24 pola tarde!