Galiza Nova e o BNG organizamos a primeira Semana da Patria Galega en Vigo. Porque queremos unha Galiza Viva, con soberanía e traballo. Porque apostamos en construír un país novo, onde puidermos vivir con dignidade do noso traballo na nosa terra. E imos facelo coas nosas propias forzas, desde nós e para nós.
Achégate ás actividades que imos realizar durante toda a semana:
_Segunda feira 18/07, ás 20h
na Libraría Cartabón (Urzaiz 125)
[Proxección-coloquio] A proclamación obreira da República Galega en 1931
Intervén: Manuel Mera (Director Fundación Moncho Reboiras)
_Terza feira 19/07, ás 20h
na Libraría Andel (Camelias 102)
[Palestra] O nacionalismo galego, das Irmandades da Fala até hoxe
Intervén: Uxío-Breogán Diéguez (historiador)
_Cuarta feira 20/07, de 18 a 19:30h
Carpa informativa no Calvario
_Sábado 23/07, ás 12h
Despregue de bandeira xigante da Patria
Nas gradas da estación marítima (a carón da escultura do nadador)