USC persegue ao estudantando por denunciar o machismo nas aulas

profesor_hVimos de coñecer o expediente disciplinario que a USC acaba de abrir ás alumnas que participaron na protesta contra o profesor misóxeno Luciano Méndez. Xa denunciamos no mes de febreiro a agresión machista por parte deste profesor a unha alumna da USC. No mes de xullo volvemos a denunciar a situación ao coñecer a sanción tan laxa que a Universidade lle impuxera a Luciano Méndez.

Entendemos que é inxustificábel esta resposta por parte da USC porque están permitindo actitudes completamente machistas no ensino público, mentras que culpabilizan e reprimen ao estudantado que loita contra elas. Esta decisión é completamente contraditoria aos valores que a USC di defender, pois vai contra a liberdade de expresión e é un ataque contra as mulleres que estudamos nela.

Dende Galiza Nova unah vez máis, reivindicamos todos os espazos libres de violencioa machista porque queremos sentirnos seguras e cunhas institucións públicas que nos protexan e que non avalen as agresión patriarcais.

Insubmisas e rebeldes na defensa dun modelo educativo non sexista e que traballe pola coeducación e a liberdade de todas as persoas.