Ven reivindicar a Patria Galega

12-out Este 12 de outubro, a mocidade galega non temos nada que celebrar e moito polo que loitar. Desertamos do día da Hispanidade ou “Festa Nacional de España” e convidámoste ao acto reivindicativo que Galiza Nova convoca para erguer a Patria Galega este luns 12 de outubro ás 12 horas diante do edificio do concello de Pontevedra.

Porque o estado español condena a Galiza á dependencia e á miseria e empéñase en anular con todos os seus medios a nosa identidade nacional. España está profundamente corrompida e ademais, a súa Constitución e todo o seu corpo é amparo legal das accións máis socialmente inxustas que estamos a padecer e nega a soberanía do pobo galego e a lexítima capacidade de decisión do mesmo, configurándose como cárcere dos pobos.

Queremos decidir o noso futuro, unha nova Galiza con futuro e liberdade depende da mocidade galega.