8F: Queremos Galego!!

Os últimos datos sobre o uso do galego son alarmantes: o número de galegofalantes é o máis baixo da historia de Galiza, especialmente entre a mocidade. As políticas de Feijóo para a marxinación do galego nas aulas converteron a escola nun importante elemento de desgaleguización.
Non permitas que a práctica totalidade das materias sexan impartidas nunha lingua que non é a nosa, nin que se limiten os dereitos de ensinantes e estudantes.

Ergámonos pola nosa lingua, rebelémonos contra a españolización da Galiza

O 8 de febreiro, vaiamos a Compostela á manifestación da Plataforma.
QUEREMOS GALEGO!

Difunde o cartaz elaborado por Galiza Nova para convocar a manifestación:

CARTAZ 8F GZ NOVA