#8f45anos: Defender a lingua non é delito. Solidariedade coas 12 persoas procesadas!

Cartaz Processados 8FDesde Galiza Nova queremos amosar toda a nosa solidariedade coas 12 persoas que serán xulgadas o 20, 21 e 22 de maio por defenderen a lingua, e ás que a Fiscalía pide 45 anos de prisión e sancións de até 30.000 euros.

As mozas e mozos nacionalistas denunciamos este xuízo inquisidor co que o aparato do estado pretende exemplificar un castigo represor contra aquelas e aqueles que ousen desafiar o españolismo e defender os nosos dereitos nacionais e sinais de identidade como é a nosa lingua e o dereito a aprendermos en galego nas aulas da Galiza. Por iso chamamos á mocidade a mobilizarse e acudir este 20, 21 e 22 ás 9h da mañá á concentración de apoio coas 12 compañeiras e compañeiros perante os xulgados de Fontiñas (Compostela).

Foi no 2009 cando estas persoas defensoras da lingua foron denunciadas logo de amosaren a súa oposición perante o desfile de falanxistas, militantes do PP e de UpyD, a maior parte deles chegados de fóra da Galiza para participaren dunha manifestación en Compostela contra o dereito a aprender o galego nas aulas.

Defender a lingua non é delito!