Neste 8 de marzo queremos poñer o foco na precariedade e no papel das mulleres traballadoras na engranaxe capitalista, así como nas formas de loita das mulleres no mundo laboral.
Nun contexto de crise sistémica agudízanse as contradicións do capital, sendo as mulleres as que sofren máis fortemente as consecuencias; traballos precarios, incapacidade de conciliación, vidas sen ocio, dereitos laborais negados e pasados por alto, inestabilidade e descoñecemento para o futuro.
As mozas galegas debemos visibilizar como ao custo da vida e á precariedade laboral que vivimos temos que sumar a conciliación coa vida, cos coidados e coas tarefas historicamente socializadas como femininas. Debemos falar tamén da necesidade de estar sindicadas e da importancia da loita obreira para a consecución de dereitos para as traballadoras galegas.
Na campaña desenvolveremos actividades por todo o País e faremos axitación previa do 8M, difusión das mobilizacións convocadas polo feminismo galego así como asistir ás mesmas.
Actuamos agora!