90 anos con Fidel Castro. Viva a revolución!

camsiola“Ser internacionalista é saldar a nosa propia débeda coa humanidade. Quen non for capaz de loitar por outras persoas, non será nunca suficientemente capaz de loitar por si.”

O 13 de agosto de 1926 nacía o líder da Revolución Cubana, Fidel Castro. Fidel, é sinónimo de argumentación, pedagoxía, traballo e de ética, como ben demostra a súa traxectoria vital e revolucionaria. Licenciado en dereito e Exiliado en México dende moi novo pola súa actividade revolucionaria contra a ditadura de Leónidas Trujillo na República Dominicana, e contra o imperialismo, volve a Cuba e comeza a militar no Partido do Pobo Cubano para retomar o activismo contra a ditadura instaurada na illa dende 1952.

O 1 de xaneiro de 1959 o Exército Rebelde, encabezado por Fidel entrou vitorioso en Santiago de Cuba, expulsando ao ditador Fulgencio Batista a EE.UU e dando inicio á unha revolución que expropiará a terratenentes e a burgueses. Puxo en cuestión o poder da oligarquía batistiana e dos grupos económicos e situou o pobo no centro do novo proxecto de sociedade. A revolución deu fin a máis de 70 anos de dominio dos Estados Unidos sobre a Illa, Fidel Castro restituíu ás e aos cubanos a súa dignidade roubada pola intervención estadounidense na guerra de independencia de Cuba en 1898 e a ocupación militar que transformara a Illa nun puro protectorado.

Dende entón,Cuba é un exemplo para os pobos do mundo que aspiran a dotarse de soberanía real e de sistemas socio-económicos xustos, por iso é atacado duramente, comezando polo bloqueo imposto por Estados Unidos, cuxo obxectivo non era máis que causar a asfixia económica da Illa para forzar un cambio de modelo político. Os danos sufridos por Cuba ao longo destas cinco décadas foron cuantificados en máis de 100.000 millóns de dólares, danos cos EEUU tentaba reintegrar Cuba ao capitalismo para tentar acabar así coa resistencia heroica dunha illa que evidencia que é posíbel construír alternativas ao criminal libre mercado.

É por iso, polo que nun contexto de total colonialismo do noso país que o único que provoca é desemprego, emigración e precariedade salarial e laboral é moi importante ter presente a figura de Fidel Castro, non só desde un punto de vista conmemorativo, se non tamén como unha cuestión de loita e reivindicación de clase.
As mozas e mozos de Galiza Nova somos conscientes do futuro incerto que lle agarda ao pobo cubano despois de que hai ano e medio EE.UU rematase co bloqueo ao que sometía á illa, mais ao mesmo tempo somos conscientes do exemplo de dignidade e rebeldía que supón Fidel e o pobo cubano malia a ser veciños da maior potencia imperialista do mundo.

Cuba vencerá!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *