O 23 de xuño de 1931 o Consello de Ministros acorda suspender de xeito definitivo a construción do camiño de ferro entre Zamora e A Coruña, supoñendo o despido de máis de 12.000 traballadores. Isto levou á convocatoria dunha folga de 3 días xusto antes das primeiras elecións lexislativas da República Española. Ante isto, o goberno español enviou ás forzas militares para reprimir as protestas.
O 25 de xuño, no marco das protestas da clase traballadora galega, ocupouse a Casa do Concello de Ourense pendurando a bandeira galega do balcón do mesmo. Dous días despois, o 27 de xuño de 1931, ten lugar unha nova mobilización na cidade de Compostela que remata co asalto ao Concello de Compostela e a escolla de Alonso Ríos como presidente da Xunta Revolucionaria da República Galega. O goberno central non tardou en reaccionar, reanudando a obra do ferrocarril evitando así que a insurrección se expandira. A proclamada República Galega chega ao seu fin.
No día de hoxe cúmprense 90 anos deste fito histórico, que marca un precedente no camiño á soberanía do noso país. Após case un século, recollemos o legado daquelas mulleres e homes que se revelaron no ano 1931 para seguir reivindicando a necesidade de rachar co Estado Español. Mañá, hoxe e sempre loitaremos por construír unha II República Galega ao servizo da clase traballadora galega e do futuro da mocidade.