A Asemblea Comarcal de Galiza Nova A Estrela reuniuse en Noia para renovar as responsabilidades e marcar o traballo para o inicio de 2024, escollendo a Diana García, de 24 anos e natural de Porto do Son, como responsable comarcal.
Diana leva máis de seis anos militando en Galiza Nova e asume a responsabilidade “con ilusión, compromiso e moi agradecida pola confianza” co obxectivo de lograr ser a referencia da mocidade na comarca. A asemblea avaliou o traballo feito ata o momento a confían na renovación para seguir desenvolvendo actividades que acheguen o ideario de Galiza Nova á xente máis moza.
Na asemblea tamén se elixiu a Tamara Vidal como responsable de organización, unha responsabilidade que xa viña asumindo no período anterior.