A Asemblea Comarcal de Galiza Nova A Estrela reuniuse en Viveiro para renovar as responsabilidades e marcar o traballo para o inicio de 2024, reelixindo a María Carballal, de 23 anos e natural do mesmo concello, para continuar como responsable comarcal.
María asumiu a responsabilidade comarcal na Mariña hai máis dun ano, logrando a activación e implicación da comarca e a incorporación de novas caras ao proxecto nacionalista na zona. Asegura estar “contenta de poder seguir á fronte dous anos máis para poder seguir organizando entre todas o traballo na comarca”.
Na asemblea acordouse ademais crear a Asemblea Local da Pontenova e O Valadouro tras o incremento militante percibido nesas localidades.