A Asemblea Comarcal de Galiza Nova A Montaña escolleu a Alba López como responsable comarcal

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova A Montaña reuniuse en Arzúa para renovar as responsabilidades e marcar o traballo para o inicio de 2024, escollendo a Alba López, de 21 anos e natural de Melide, como responsable comarcal.

Alba dálle o relevo a Dani tras un período de expansión da comarca que tivo como resultado a súa incorporación á militancia en Galiza Nova, asegura ter “moita vontade de aprender e de seguir co bo traballo feito ata a data polas compañeiras”.

Na Asemblea tamén se escolleu a Irene Pereira como responsable de organización.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *