A Asemblea Comarcal de Galiza Nova Arnoia – A Limia reelixiu a Malco Garrido como responsable comarcal

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova Arnoia – A Limia reuniuse en Allariz para renovar as responsabilidades e marcar o traballo para o inicio de 2024, reelixindo a Malco Garrido, de 22 anos e natural de Xinzo,  para continuar como responsable comarcal.

Na asemblea fíxose un repaso do traballo realizado nos últimos dous anos, poñendo en valor o incremento de militancia en case todas as localidades da comarca e nomeadamente o traballo en Xinzo de Limia. Malco asegura que “quero seguir con este bo traballo e seguir aumentando a militancia, fixemos moi bo equipo neste período e nótase despois en como se desenvolven as actividades”.

Na responsabilidade local de Xinzo continuará Xaira Pena.