A Asemblea Comarcal de Galiza Nova As Mariñas escolleu a Elaine Monteagudo como responsable comarca

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova As Mariñas reuniuse de xeito telemático para renovar as responsabilidades e marcar o traballo para o inicio de 2024, escollendo a Elaine Monteagudo, de 28 anos e natural de Betanzos,  como responsable comarcal.

A asemblea apostou pola renovación para darlle un novo impulso á comarca e Elaine asegura querer “estar á altura da responsabilidade para que Galiza Nova sexa referencial en todas as localidades das Mariñas, temos moito por gañar”.

Na xuntanza tamén se renovou a responsabilidade de organización, que pasou a ser asumida por Xurxo Abraira.