A Asemblea Comarcal de Galiza Nova As Mariñas reuniuse en Carballo para renovar as responsabilidades e marcar o traballo para o inicio de 2024, escollendo a Alberto Liñares, de 29 anos e natural do mesmo concello, como responsable comarcal.
A asemblea valora o bo traballo feito dende que se reconstituiu a comarca, cunha grande entrada de xente nova e a partir deste momento estará organizada por Liñares, este afirma querer “seguir desenvolvendo o traballo como ata o de agora e seguir sumando xente, mais tamén lograr a implicación de todas as que estamos e traballar como o equipo que somos”.
Na xuntanza acordouse manter a responsabilidade de organización, que seguirá sendo asumida por Natalia Iglesias.