A Asemblea Comarcal de Galiza Nova Celanova – Baixa Limia reelixiu a Laura Pérez como responsable comarcal

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova Celanova – Baixa Limia reuniuse en Celanova para renovar as responsabilidades e marcar o traballo para o inicio de 2024, reelixindo a Laura Pérez, de 23 anos e natural de Cartelle, para continuar como responsable comarcal.

Laura asumiu a responsabilidade por primeira vez hai máis dun ano e afirma que “quero seguir porque creo que aínda teño moito que aportar e moito que aprender, estou moi agradecida á militancia porque sigan confiando en min”.

Na xuntanza acordaron que a responsabilidade de redes pasara a ser asumida por Luis Sotelo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *