A Asemblea Comarcal de Galiza Nova Compostela reuniuse de xeito telemático para renovar as responsabilidades e marcar o traballo para o inicio de 2024, escollendo a Xavier Digón, de 26 anos e veciño da cidade, como responsable comarcal.
Xavi é natural de Becerreá pero leva un par de anos facendo a súa vida na cidade de Compostela e tamén militando na mesma, é o que fixo que na asemblea asumira dar un paso á fronte e asumir a responsabilidade comarcal, asegura querer facelo “o mellor posible” xa que afirma “esta é unha comarca pola que pasa moitísima mocidade, sobre todo pola cidade de Santiago, e non podemos perder a oportunidade de facer chegar o noso discurso e darnos a coñecer”.
A asemblea tamén escolleu a Fran Xestal como novo responsable de organización.