A Asemblea Comarcal de Galiza Nova Lugo escolleu a Adrián Rodríguez como responsable comarcal

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova Lugo reuniuse en Lugo o para renovar as responsabilidades e marcar o traballo para o inicio de 2024, escollendo a Adrián Rodríguez, de 24 anos e natural de Castro, como responsable comarcal.

A Asemblea valorou o compromiso e capacidade de traballo demostrados por Adrián nos últimos tempos, nomeadamente nas eleccións municipais onde foi de número 3 polo seu concello. Adrián espera “estar á altura do traballo feito nesta comarca tradicionalmente e poder dar o relevo para continuar coa expansión de Galiza Nova no interior do país”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *