A Asemblea Comarcal de Galiza Nova Monterrei e Viana reuniuse de xeito telemático para renovar as responsabilidades e marcar o traballo para o inicio de 2024, reelixindo a Pablo Fernández, de 21 anos e natural de Verín, para continuar como responsable comarcal.
Este xa é o segundo período que Pablo encara como responsable comarcal, a asemblea valorou a súa experiencia e compromiso co traballo da comarca dende hai máis de 3 anos. Pablo afirma que “o reto é difícil pois a despoboación no interior do país é cada vez maior, por iso é necesario que nos autoorganicemos e loitemos por garantir oportunidades para a xente moza tamén nesta zona”.
Á Dirección da comarca incorpórase tamén Miguel Meléndez, que levará as redes socias e é membro eleito pola Dirección Nacional.