A Asemblea Comarcal de Galiza Nova O Morrazo reuniuse en Moaña para renovar as responsabilidades e marcar o traballo para o inicio de 2024, reelixindo a Xesús Martínez, de 28 anos e natural de Cangas, para continuar como responsable comarcal.
A asemblea valorou a experiencia de Xesús para continuar na responsabilidade nun momento de moitas novas incorporacións á militancia na comarca e Xesús afirmou estar “preparado para seguir aportando e traballar coas novas incorporacións para dar o mellor relevo posible cando chegue o moemnto”.
A asemblea tamén elixiu a Noel Malvido como responsable de organización e na dirección da comarca tamén estará Isaura Framil ao formar parte como membro eleito da Dirección Nacional.