A Asemblea Comarcal de Galiza Nova Pontevedra – Caldas reuniuse en Pontevedra para renovar as responsabilidades e marcar o traballo para o inicio de 2024, reelixindo a Xoán Antelo, de 27 anos e natural de Cerdedo-Cotobade, para continuar como responsable comarcal.
Na asemblea, Antelo afirmou querer “seguir sendo responsable comarcal porque creo que aínda teño moito que aportar, temos unha comarca con moito potencial que non para de medrar e estou agradecido de que a militancia confíe en min para seguir á fronte deste proxecto revolucionario”.
A asemblea tamén elixiu a Alberto Rivas como responsable de organización, que xa forma parte da Dirección Nacional após a XVII Asemblea Nacional. Ademais, as compañeiras da comarca elixiron previamente a Sabela Martínez como responsable de mulleres.