O pasado sábado 15 de Decembro reuniuse en Monforte a asemblea comarcal de Galiza Nova enmarcada no proceso post-asamblear da XV asamblea nacional da nosa organización.
Nesta asamblea a militancia da comarca quixo poner en valor o traballo feito pola compañeira Cecilia Diéguez,de Chantada e estudante de Socioloxía na UDC, propoñéndolle a responsabilidade comarcal.
A nova responsábel Comarcal, Cecilia Diéguez, afronta esta responsabilidade con decisión e con ganas mais tamén sendo coñecedora das dificultades que esta comarca ten dada a súa media de idade entre outras cousas.