A Asemblea Comarcal de Galiza Nova en Vigo renovou as responsabilidades comarcais, elixindo á compañeira Jéssica García, militante de Redondela e Brais Ferreiro militante de Chapela, coma Responsábel Comarcal e Responsábel de Organización, respectivamente.
Jessica García releva a Adrián R. Bravo, logo de catro anos coma responsabel comarcal e que centrará de aquí en diante a súa actividade tabto na militancia de base en Vigo como na súa responsabilidade na Dirección Nacional de Galiza Nova.
A nova Responsábel Comarcal de Galiza Nova declarouse ilusionada ante o reto, agradeceu o apoio da militancia. García comprometeuse a “traballar forte nestes tempos complicados”, apuntando que a Asemblea de Galiza Nova Vigo centrará o seu traballo en “achegar propostas concretas aos principais problemas da mocidade galega, e a aproximar á mocidade o proxecto do nacionalismo”.
“O BNG é a alternativa na que cremos e á que queremos chamar a mozas e mozos para construír un País con futuro e traballo, no que non nos condenen á emigración e a precariedade” explican. Ante esta situación, Jessica García chama á mocidade galega a se rebelar contra a entendendo que “só tomando partido é posíbel revertela”.