A Asemblea Comarcal do Salnés escolle a Rubén Mariño

Asemblea Comarcal do Salnés

O pasado sábado día 19 de Xaneiro tivo lugar a Asemblea Comarcal de Galiza Nova O Salnés. Na cal se determinaron as responsabilidades orgánicas. Sendo elixidos por unanimidade Rubén Mariño como Responsabel Comarcal, Óscar Agra como Responsabel de Organización e Denis Area como Responsabel de Comunicación. A elección prodúcese no marco posterior á XV Asemblea Nacional de Galiza Nova, que tivo lugar o pasado 24 de Novembro en Compostela.
A Asemblea marcou como obxetivo para este novo período afianzar a Organización na Comarca e a recuperación do traballo en todas as localidades, levando a Galiza Nova a ser o referente da mocidade no Salnés. Para isto, escolleuse una nova dirección comarcal formada por mozas e mozos de diversas localidades.
A nova equipa da organización xuvenil nacionalista plantexa esta nova etapa centrando os seus obxetivos na integración ao proxecto nacionalista dos colectivos máis afectados polas póliticas colonialistas que sofre o país. A primeira actividade plantexada pola Asemblea será, debido ao contexto polítco actual, un acto para concienciar a mocidade do Salnés sobre as causas e efectos do auxe do fascismo encuberto como ultradereita. A Asemblea contou coa participación de Alberte Fernandez como representante da Comisión Permanente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *