A caravana da mocidade galega non para!

caravana ourenseRibadavia, Ponteareas, Verín, O Barco e Ourense recibiron a caravana da mocidade galega

A Caravana da Mocidade Galega continúa a percorrer as diversas localidades galegas para dar a coñecer as propostas do BNG para a mocidade.

Ribadavia, Ponteareas, Verín,  O Barco e Ourense recibiron durante os últimos días a caravana. Alí, toda a mocidade que se achegou compartiu con membros de Galiza Nova e das candidaturas do BNG as principais medidas elaboradas por Galiza Nova que o BNG presenta no seu programa electoral para abrir un tempo novo e transformar Galiza.

caravana verinPresentamos medidas contra a precariedade, coma o Plan Retorna do BNG para que a mocidade emigrada por mor das políticas de Feijóo poida voltar á terra para vivir e traballar dignamente. Tamén socializamos a proposta de ampliar os descontos en transporte público para estudantado e mocidade, así como a creación do GALTREN, o tren galego de proximidade, unindo principais núcleos de poboación arredor das cidades cun medio económico, ecolóxico e eficaz, aproveitando as vías existentes. En definitiva, presentamos iniciativas para a mocidade poder vivir, traballar e prosperar nunha Galiza con futuro.

caravana barcoA caravana continúa en ruta polo país transmitindo as propostas do BNG para unha Galiza viva e con futuro, e este mércores fará parada en Sarria e Ribadeo.

Podes seguir o día a día da caravana da mocidade galega e os lugares nos que estará cada día na web galizanova.gal e nas redes sociais da organización xuvenil do BNG co #mocidadeEnBloque.