A Conselleira anuncia explotación para a mocidade mentres na rúa mallan a quen pide traballo

madeiraO PP vólvese mofar da mocidade e non amosa ningún escrúpulo. Anunciou máis explotación para @s moz@s ao tempo que mallaban aos mariñeiros que esixían traballar.

Na xornada parlamentar de onte, a Conselleira de Traballo Beatriz Mato apresentou o Programa de Emprego Xuvenil da Xunta no momento en que as parlamentarias e parlamentarios do BNG abandonaban o Parlamento en protesta polas brutais agresións da policía española aos mariñeiros do cerco, concentrados na rúa do Hórreo, e que esixían poder traballar para non morrer de fame.

O cinismo do PP chega a tales de extremos de elaborar unhas medidas electoralistas e carentes de contido real “porque a mocidade galega ten un déficit de formación”segundo afirmou Feijóo, cando somos a xeración máis formada da historia da Galiza. Feijóo vendeunos que vai destinar 100 millóns de euros á formación, cando os seus recortes en ensino, formación profesional, universidades e investigación superan con creces esta cifra. As persoas en formación ás que supostamente se lles facilitará o acceso a unhas prácticas desenvolverán un traballo profesional a prezo de saldo para as empresas e de forma temporal só por uns meses, namentres non computarán na lista do paro e o PP poderá disfrazar os datos de desemprego.

Nin escravitude nin emigración!
Traballo digno na nosa Terra!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *